Concentración veciñal pola subestación de Bértola

Vilaboa
02 de maio 2013

Este venres ás 20.00 horas haberá unha nova concentración veciñal pola subestación de Bértola, baixo o lema "Subestación ao pé das casas non. Alternativa xa!", e que contará co apoio do goberno local e da corporación municipal. A concentración será na Ramalleira, no acceso á parroquia de Bértola desde a N-550 á estrada da Deputación (diante da Mercedes)

Recursos contra a subestación do AVE en Bértola (Vilaboa) PontevedraViva

Este venres ás 20.00 horas haberá unha nova concentración veciñal pola subestación de Bértola, baixo o lema "Subestación ao pé das casas non. Alternativa xa!", e que contará co apoio do goberno local e da corporación municipal.

A concentración será na Ramalleira, no acceso á parroquia de Bértola desde a N-550 á estrada da Deputación (diante da Mercedes).

Esta concentración englóbase na campaña que están levando a cabo para mostrar o rechazo veciñal á ubicación da subestación no centro da parroquia e abogar pola alternativa exposta polos comuneiros da Comunidade de Montes de estudar a posibilidade de levala ao monte, terreo de propiedade comunal.

Esta proposta foi exposta na xuntanza mantida co Conselleiro de Industria e o Secretario Xeral de Industria, na que estiveron presentes representantes da Comunidade de Montes e representantes da corporación municipal. Naquela xuntanza o Conselleiro comprometérase a interceder con Red Eléctrica Española (REE) para exporlle a posibilidade de negociar para desprazala ao monte.

Esta última xuntanza mantívose días atrás. Nela tanto os representantes de REE como da Consellería de Industria mantiveron que desprazala ao monte non era un opción moi viable, pero os veciños de Bértola consideran que esta é a mellor opción para non hipotecar a parroquia e sobre todo falando en termos da protección da saúde.

O pasado luns 29 de abril celebrouse unha asamblea veciñal para expoñer o resultado desta última xuntanza mantida cos representantes da Consellería e de REE e por unanimidade os veciños decidiron seguir coas mobilizacións.

Hai que recordar que tanto os veciños como o concello presentaron sendos recursos á autorización do Consello da Xunta para a instalación da subestación no centro da parroquia, sen que a día de hoxe teñan resposta algunha.