Concentración polo anticipo da idade de xubilación das policías locais e autonómicas

Pontevedra
06 de abril 2018

Desde a Plataforma Nacional polo Anticipo da Idade de Xubilación das Policías Locais reclaman a equiparación das condicións cos demais corpos de seguridade do Estado, cuxa situación se encontra xa regulada

Concentración polo anticipo da idade de xubilación das policías locais e autonómicas Noelia Torres

Ao redor dun cento de persoas concentráronse este venres fronte á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para reivindicar o anticipo na idade de xubilación a 60 anos de policías locais e autonómicos. Comisións Obreiras, UXT e o CSIF reclaman equiparar a súa situación á das demais forzas e corpos de seguridade do Estado.

A Garda Civil xa dispón dun sistema de reserva, a Policía Nacional ten actividade con ou sen destino e a Ertzaintza conta cun sistema de xubilación pola Seguridade Social. Antonio Millares, representante de Comisións Obreiras, demanda que a situación da Policía Local e Autonómica continúa parada: "Ahora mismo nos podemos encontrar a un policía local con 64 años patrullando en la calle".

Convocados pola Plataforma Nacional polo Anticipo da Idade de Xubilación das Policías Locais, os tres sindicatos manifestáronse por unha situación pola que, como din, levan pelexando máis dunha década. O que reivindican, din, é que o establecido polo Goberno "sea una realidad", e que "empiecen a mover la maquinaria" para dar salida o decreto aprobado en 2010, declarou Santiago Martínez, delegado do CSL.

O adianto na idade de xubilación repercutiría positivamente na xeración de postos de traballo, segundo apuntan. Martínez declarou que a ley de presupostos debería permitir a oferta do mesmo número de postos para Policía Nacional que a cifra de profesionais que se xubilan, "sin tener ningún tipo de problema burocrático".

Tras a celebración da primeira protesta do mes de marzo, proclaman que ata o momento no ha habido ningún movimiento por solucionar este tema. Sinalan ao Ministerio de Facenda como culpable da paralización do conflito, tras levar a cabo unha serie de estudos que garantiron o cumprimento de todos os requisitos por parte da Policía Local e Autonómica, con elementos correctores.

Destacan, ademais, que o adianto da idade de xubilación non supoñerá ningún prexuízo para a caixa das pensións, xa que "la sobre-cotización va a ser asumida por las propias empresas y por los policías", comentou Pergentino Martínez, representante de UXT. Trátase, segundo din, de lograr un equilibrio de condicións entre todas as forzas e corpos de seguridade do Estado, unha profesión que, segundo explican, leva unha gran carga de tensión emocional, así como moitas outras enfermidades ligadas á súa actividade.

O representante da UXT manifestou que están dispostos a chegar "a donde haga falta", por lograr os seus obxectivos. Indica que se trata dunha mobilización "de carácter nacional", dado que a concentración foi convocada simultaneamente nas 52 provincias, incluíndo as dúas cidades autónomas. 

Tamén se falou sobre as retribucións aos corpos de seguridade do Estado, un tema no que a Policía Nacional e a Garda Civil xa conseguiron avances. Antonio Millares comentou que, a pesar de que a negociación dos corpos locais é distinta ao depender de cada concello, ás administracións locais non lles quedará "más remedio" que acatar o imposto polo Goberno central.