Concentración en Pontevedra en sinal de loito polas vítimas do accidente de Santiago

Pontevedra
25 de xullo 2013

A Corporación participou no minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias en sinal de solidaridade. Foi diante do Concello ás 12.00 horas e nela tamén participaron moitos cidadáns que a esa hora paseaban polas rúa do centro da cidade. O seu remate houbo unha xunta de voceiros improvisada na que se consensuou una declaración de condolencia ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido no Concello de Santiago

A Corporación participou no minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias en sinal de solidaridade. Foi diante do Concello ás 12.00 horas e nela tamén participaron moitos cidadáns que a esa hora paseaban polas rúa do centro da cidade. O seu remate houbo unha xunta de voceiros improvisada na que se consensuou una declaración de condolencia ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido no Concello de Santiago.

Nunha comparecencia ante os medios o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores comicou que "Pontevedra quere trasladar as súas condolencias ás vítimas e ás familias dos falecidos en tal desgraciado sinistro, e reiterar a colaboración con todo o dispositivo habilitado".

"Como ocurriu onte dende o primeiro momento en que os servizos de emerxencia municipais tiveron coñecemento do sucedido a través do 112, o Concello continúa a disposición  do Concello de Santiago e  de todas as necesidades derivadas deste fatal accidente", sinalou o rexedor. Os bombeiros, e toda a equipa de emerxencias  municipais  estiveron en contacto permanente co operativo do lugar para entrar en servizo cando fosen solicitados mais dende o 112 apuntaron que polo momento non era necesario.

O alcalde achegouse polos centros hospitalarios onde están ingresados os feridos para interesarse polo seu estado e apuntou que ten noticia de que polo menos hai unha moza pontevedresa entre as vitimas do sinistro ainda que evitou dar máis información ao respecto.

Ante tal tráxico suceso e en solidariedade con todas as vítimas  o Goberno local acordou  a  suspensión  para os próximos tres días de todas as actividades de lecer e festivas programadas na cidade: carreira  popular,  tirada  de  fogos  de pirotécnia, verbena, pasarrúas⿦ Tamén acordou a colocación das bandeiras do Concello a media asta e enviouse un telegrama de condolencias e solidariedade ao Concello de Santiago e á Presidencia da Xunta por tal desgraciado sinistro.