Concentración en Cambados para evitar a modificación dos prazos concesionais na Lei de Cambio Climático

O Salnés
16 de marzo 2021

O goberno municipal do Concello de Cambados e o sector Mar-Industria mantéñense en contra do artículo 18 da Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica. Por este motivo convocan unha concentración este vindeiro xoves 18 de marzo, ás 19:30 horas diante do Concello

Concello de Cambados Concello de Cambados - Arquivo

O goberno municipal do Concello de Cambados, liderado pola socialista Fátima Abal, e o sector Mar-Industria mantéñense en contra da redacción artículo 18 da Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica. Por este motivo van realizar unha concentración o vindeiro xoves 18 de marzo, ás 19:30 horas diante do edificio do Concello.

Con esta acción buscan que se deixe sen efecto a proposta de modificación na Lei dos prazos das concesións en zona de dominio marítimo terrestre ao entender que afectará a numerosas empresas que traballan na industria do mar na vila.

Debido ao covid-19 e coa intención de seguir as medidas de prevención sanitaria, só se convidará a participar na concentración aos voceiros dos grupos políticos con representación no Concello de Cambados, asi como aos representantes do sector. Á súa vez, a concentración de protesta será transmitida polas redes sociais municipais.

Tamén a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) insta á supresión ou modificación deste artigo, alegando que eliminaría a inseguridade xurídica e a falta de estabilidade que esta normativa vai xerar entre as empresas galegas. Sinalan que, de aprobarse nos términos propostos, modificaría a Lei de Costas e podería levar ao peche de numerosas instalacións e á pérdida de empleos.