Concello e AsemBarro renovan o convenio de colaboración

Barro
17 de marzo 2023

A sinatura celebrouse este venres entre o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, e polo Presidente de AsemBarro, Jesús Moreira, e indicaron que o propio Concello aportará 7.000 euros e a asociación comprométese a elaborar e executar campañas de dinamización da hostalería e do comercio de proximidade da vila

Firma do novo convenio entre Concello e AsemBarro Concello de Barro

O Concello de Barro e a Asociación de empresarios e comerciantes asinaron a renovación do convenio de colaboración que manteñen ambas entidades.

A sinatura celebrouse este venres entre o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, e polo Presidente de AsemBarro, Jesús Moreira, e indicaron que o propio Concello aportará 7.000 euros e a asociación comprométese a elaborar e executar campañas de dinamización da hostalería e do comercio de proximidade da vila.

Abraldes destacou "a necesidade, nestes tempos que corren, de potenciar unha economía de KM0 que permita dispor de produtos e servizos sen ter que desprazarse a outros lugares. Isto contribuirá de xeito importante a reducir custes e combater a pegada de carbono no noso entorno así como a crear riqueza e traballo no noso municipio".