Con permiso de Morante, o triunvirato da tempada estará en Pontevedra: Roca Rey, Talavante e Juan Ortega

Pontevedra
29 de xuño 2024

O mestre de La Puebla tamén está acartelado na Feira da Peregrina para o domingo 11 de agosto. É outro de tantos compromisos que por agora seguen coa incógnita tras anunciar a suspensión indefinida da súa tempada a comezos de xuño

O xornalista Zabala de la Serna e o mestre César Rincón Cristina Saiz

Roca Rey, Alejandro Talavante e Juan Ortega, os tres destros que esta tempada encabezan o escalafón taurino, - tras a suspensión indefinida de Morante de La Puebla -, forman parte da Feira taurina da Peregrina o próximo 10 de agosto.

Con todo, no anuncio de carteis que se fixo este sábado 29 no Liceo Casino tamén inclúen ao mestre Juan Antonio Morante entre as figuras presentes

A dúbida planea sobre Morante aínda que a empresa Lozano mostrouse convencida de que el de La Puebla estará na praza de San Roque. Non é a única feira que mantén nos seus carteis ao destro sevillano.

Este mesmo xullo ten compromisos en Pamplona, Teruel, La Línea, Santander Valencia ou Azpeitia; mesmo na praza francesa de Mont de Marsan. Postos en agosto, tería que responder ante a afección de Huelva e también El Puerto, mesmo a véspera da cita en Pontevedra, está de novo acartelado no citado municipio gaditano.

Para el  domingo 11 de agosto as dúas ternas de toureiros completaranse con Daniel Luque, que tras o éxito na substitución da feira anterior repite no coso pontevedrés e completará o destro toledano Tomás Rufo, apadriñado pola casa Lozano.

En canto ás ganderías que sairán por toriles, non faltará Alcurrucén na xornada dominical completará co ferro salmantino de El Puerto de San Lorenzo e La Ventana del Puerto.

A presentación, por segundo ano consecutivo, aposta por un acto aberto cos afeccionados que nesta ocasión puideron charlar co mestre colombiano César Rincón, xa retirado dos ruedos, pero bo coñecedor desta feira polas súas tardes e triunfos na cidade do Lérez.

A convocatoria estivo moderada polo crítico taurino Zabala de la Serna.