Como ser Alfonso Rueda

Pontevedra
05 de abril 2018

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, foi este xoves o centro de todas as críticas por parte dos funcionarios da administración de  Xustiza que saíron ás rúas da cidade con caretas coa cara do conselleiro pontevedrés ao que responsabilizan dos prexuízos que esta situación está a xerar á cidadanía

Mobiización dos traballadores da Administración de Xustiza Mónica Patxot

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, foi este xoves o centro de todas as críticas por parte dos funcionarios da administración de xustiza que saíron ás rúas da cidade con caretas coa cara do conselleiro pontevedrés ao que responsabilizan dos prexuízos que esta situación está a xerar á cidadanía.

A súa marcha discorreu desde o edificio dos xulgados da Parda, pasando pola Audiencia ata a Praza da Peregrina visibilizando os motivos que lles levaron a esta folga da que o vindeiro sábado se cumprirán dous meses.

O seguimento do paro continúa por enriba do 80% na provincia segundo os convocantes mentres que a Xunta rebáixao ao 35%, advertindo que serán estritos co cumprimento dos servizos mínimos sancionando a quen non os respecten coa apertura dun expediente disciplinario.

O comité de folga asegura que os funcionarios están decididos a resistir nas súas reivindicacións na negociación que manteñen coa Xunta para mellorar as súas condicións laborais.