Como aperitivo á Feira Franca, aprende sobre os libros musicais medievais no Museo

Pontevedra
25 de agosto 2016

Os obradoiros infantís que adoitan celebrarse no Museo de Pontevedra darán comezo o martes 30 de agosto, pero xa está aberto o prazo para inscribirse. Para anotarse será preciso chamar ao teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou dirixirse ao enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e correos

Galería de fotos da Feira Franca (I): Actividades matinais Cristina Saiz

A conta atrás para a Feira Franca xa está en marcha e, con ela, o inicio das actividades complementarias ao evento, como os obradoiros infantís que adoitan celebrarse no Museo de Pontevedra. Darán comezo o martes 30 de agosto, pero xa está aberto o prazo para inscribirse. Para anotarse será preciso chamar ao teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou dirixirse ao enderezo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e correos. 

Os obradoiros deste ano versarán sobre os libros musicais medievais. En total realizaranse catro obradoiros, un por día, e estarán dirixidos aos nenos de idades comprendidas entre 7 e 13 anos e terán un máximo de 12 participantes por día.  Cada obradoiro terá unha duración de dúas horas, entre as 11 e as 13 horas, e realizaranse na sala taller do Sexto Edificio.

O deputado de Cultura da Deputación, Xosé Leal, sinala que a ao estar dedicada a Feira Franca 2016 ao tema da música "é moi acaída para dar a coñecer os fondos do Museo". Os participantes poderán coñecer a colección de 'cantorais' que custodia o arquivo documental do propio Museo e os diferentes aspectos vinculados con estes libros musicais para, finalmente, realizar a súa propia versión de 'cantoral'. 

O martes 30 tamén se abrirá unha mostra de instrumentos musicais tradicionais aproveitando a recoñecida colección deste tipo de instrumentos que se conservan no Museo. Ata o 4 de setembro poderán verse na zona vidrada do Sexto Edificio pandeiros, cornetas, chifres e zanfonas que xa se tocaban nos tempos da Feira Franca.

Ademais, este ano estrearase unha figura en madeira dun trobador para que os nenos poidan fotografarse con el e que, ademais, servirá de fío condutor para un obradoiro de pintura. Esta actividade non precisa inscrición previa e vai dirixida a todas as idades. Terá lugar o sábado 3 de setembro na zona vidrada do Sexto Edificio en horario de 10.30 a 13.30 horas, e de 16.30 a 19.00 horas.

AmpArticleViewer.default.tags