Comisións Obreiras pide ao goberno provincial que faga funcionarios aos traballadores laborais da Deputación

Pontevedra
07 de agosto 2015

O secretario da sección sindical de CC.OO. na Deputacion, José Ramón Piñeiro, tamén explicou que neste encontro tamén formularon a "necesidade de realizar un novo catálogo de Postos de Traballo para que os traballadores teñan un salario de acorde coas funcións que realiza"

Reunión dos sindicatos coa presidenta da Deputación Mónica Patxot

Na reunión institucional mantida coa presidenta da Deputación, Carmela Silva e o deputado Carlos Font, as organizacións sindicais con representación no comité de traballadores da institución pediron o novo goberno provincial que faga funcionarios aos seus traballadores laborais.

Os representantes sindicais afirmaron que este encontro se deu nun ton "moi cordial" e de primeiro contacto e enmárcase dentro da intención da mandataria de coñecer os traballadores, as actividades dos centros e aos seus representantes.

Comisións Obreiras, sindicato maioritario nesta institución, aproveitou a ocasión para pedir á presidenta que se levara a cabo a funcionarización dos traballadores laborais "que, na maioría dos casos, están a facer o que a lei entende que son funcións propias de persoal funcionario", aseguraron.

O secretario da sección sindical de CC.OO. na Deputacion, José Ramón Piñeiro, explicou que neste encontro tamén formularon a "necesidade de realizar un novo catálogo de postos de traballo para que os traballadores teñan un salario de acorde coas funcións que realizan".

Outra petición "moi importante" que fixeron á presidenta Carmela Silva "é que non se privaticen servizos xa que isto ao que leva consigo é á precariedade laboral e a perda de calidade do servizo".