Comisións Obreiras logra maioría absoluta nas eleccións do persoal funcionario da Deputación

Pontevedra
26 de maio 2023

Nas eleccións sindicais do persoal funcionario da Deputación, nas que correspondía elixir unha Xunta de Persoal de 21 membros, participaron un total de 686 votantes, o 82% do censo electoral

Sede da Deputación de Pontevedra Juan Mejuto

Nas eleccións sindicais do persoal funcionario da Deputación, nas que correspondía elixir unha Xunta de Persoal de 21 membros, participaron un total de 686 votantes, o 82% do censo electoral.

O resultado final deixou a Comisións Obreiras con 11 delegados e 336 votos. Seguido do sindicato UXT con 7 delegados e 204 votos e a CIG con 3 delegados e 111 votos.

Ademais houbo 26 votos en branco e 10 votos nulos.

Nas 4 mesas electorais déronse os seguintes resultados: Na Mesa Itinerante (Servizos Periféricos): CC.OO. 29 votos, UXT 24 votos e CIG 9 votos. Na Mesa do Parque de Maquinaria: CC.OO. 38 votos, UXT 9 votos e CIG 3 votos. Na Mesa do Príncipe Felipe: CC.OO. 66 votos, UXT 53 votos e CIG 37 votos. E na Mesa do Pazo Provincial (Servizos Centrais ): CC.OO. 203 votos, UXT 118 votos e CIG 62.

Comisións Obreiras gañou en todas as mesas electorais e consegue maioría absoluta ao obter 11 dos 21 representantes da Xunta de Persoal.

Para Comisións Obreiras estes resultados supoñen "o referendo a liña de acción sindical reivindicativa mantida polo sindicato, e a defensa dos servizos públicos fronte a políticas privatizadoras do goberno provincial, que veu corroborada coa obtención do 75% dos votos do persoal do Parque de Maquinaria".

"O persoal funcionario da Deputación non lle dou as costas a CC.OO., a pesar do traballo moi activo desenvolvido polo partido maioritario do goberno provincial a favor da UXT, e manifestouse con claridade a favor dunhas relacións laborais nas que se poña en valor a defensa dos intereses colectivos do cadro de persoal, fronte a prebendas para algúns", manifestou nunhas comunicado Comisións Obreiras.