Comisións Obreiras logra a maioría absoluta no Concello de Sanxenxo

Sanxenxo
28 de novembro 2023

Despois da celebración das eleccions sindicais no Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo, no que se elexía un Comité de Empresa de 9 membros, remataron os procesos electorais do persoal do Concello de Sanxenxo

Sede do Concello de Sanxenxo Mónica Patxot

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) logrou maioría absoluta no Concello de Sanxenxo.

Despois da celebración das eleccións sindicais no Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo, no que elixíase un Comité de Empresa de 9 membros, remataron os procesos electorais do persoal do Concello de Sanxenxo, onde con anterioridade escolléranse 3 delegados do persoal funcionarios e o Comité de Empresa do persoal laboral, tamén de 9 membros, sumando un total de 21 representantes electos.

En Terra de Sanxenxo correspondía elixir 4 representantes polo Colexio de Técnicos e 5 polo de Especialistas. En Técnicos foron 2 representantes de CC.OO. e 2 da CIG, e en Especialistas 3 de CC.OO. e 2 da CIG, polo queo resultado foi de 5 representantes de CC.OO. e 4 da CIG. 

Globalmente dos 21 representantes escollidos 11 corresponden a Comisións Obreiras, 5 a CIG, 3 a CSIF e 2 independentes, co que CC.OO. consigue maioría absoluta na Mesa Xeral de Negociación, que agrupa ao persoal funcionario, laboral do concello e laboral do Organismo Terra de Sanxenxo.

Segundo asegurou o secretario de organización de Comisións Obreiras en Pontevedra, Xosé Luis García Pedrosa, o seu sindicato tense comprometido cos traballadores do concello de Sanxenxo a "conseguir a estabilidade de todo o plantel e a correxir os desequilibrios retributivos existentes na actualidade entre o persoal con idénticas categorías profesionais, sin ningún tipo de xustificación obxectiva", e para elo impulsarán a negociación dunha Relación de Postos de Traballo ou instrumento similar.