Comisan aos furtivos 98 quilos de peixe e marisco na ría de Pontevedra

Pontevedra
06 de xullo 2017

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, realizaron distintas actuacións na ría de Pontevedra nas que se aprenderon de máis de 98 quilos de diversas especies de peixe e marisco, 81 útiles de pesca e os 3.000 metros de enmalle

Aparellos incautados aos futivos

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, realizaron distintas actuacións na ría de Pontevedra nas que se aprenderon de máis de 98 quilos de diversas especies de peixe e marisco, 81 útiles de pesca e os 3.000 metros de enmalle. 

O operativo máis importante saldouse co comiso de case 48 quilos de centola, case catro quilos de nécora e coa incautación de 42 nasas, tres viveiros, un saco e 750 metros de aparellos de enmalle.

Na ría de Arousa os axentes tamén fixeron varios controis que resultaron co comiso de case 10 quilos de distintas especies, na súa maioría polbo.