Comezan os traballos de desentullo do edificio incendiado na Ferrería

Pontevedra
13 de abril 2016

Aos poucos, os propietarios do edificio que se incendiou o pasado 1 de febreiro na praza da Ferrería comezan a dar os primeiros pasos para rehabilitar o inmoble. Ao mesmo tempo que un equipo de arquitectos traballa xa no proxecto para recuperalo, comezaron os traballos de desentullo para retirar da zona os restos do incendio

Traballos de desentullo do edificio incendiado na Ferrería Mónica Patxot

Aos poucos, os propietarios do edificio que se incendiou o pasado 1 de febreiro na praza da Ferrería comezan a dar os primeiros pasos para rehabilitar o inmoble.

Ao mesmo tempo que un equipo de arquitectos traballa xa no proxecto para recuperalo, comezaron os traballos de desentullo para retirar da zona os restos do incendio.

A empresa que se encarga destes traballos comezou despregando un valo de protección ao redor da fachada do edificio para evitar o acceso dos curiosos á zona.

Á primeira hora da tarde deste martes unha pequena pa escavadora accedeu ao interior do edificio para comezar a retirar parte das pedras e outros materiais que quedaron depositados alí tras o sinistro.

Ademais, os traballos incluirán a retirada de parte da estrutura do edificio que, a pesar de que non se esborrallou polos efectos do lume, quedou nun precario estado polo que non se poderá recuperar.

Xunto coa limpeza de todo o seu interior, os operarios tamén asumirán nesta primeira fase dos traballos, as actuacións necesarias para garantir a seguridade da estrutura e reducir o risco de esborralle mentres non se executa o proxecto integral de rehabilitación.

Arquivado en