O Concello de Pontevedra poñerá en marcha medidas de prohibición de estacionamento con motivo da celebración da proba ProTour. Comezarán a partir das 22.00 horas deste xoves na avenida de Bos Aires, entre a ponte dos Tirantes e a ponte das Palabras.
Tampouco se poderá aparcar na rúa Rafael Areses porque o mercado ambulante se trasladará ao venres 11 de outubro debido a que o sábado é xornada festiva. A prohibición de estacionamento nesta rúa prolongarase ata o domingo 13 de outubro. Está previsto que ás 20.00 horas quede aberta de novo ao tráfico.
O venres quedará prohibido estacionar a partir das 22.00 horas nas rúas Avenida Bos Aires, entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes, no aparcamento do Recinto Feiral, Alexandre Bóveda, Rafael Areses, a avenida Compostela por completo, Celso Emilio Ferreiro e no campus universitario.
A cita deportiva do novo campionato ProTour desenvólvese durante o sábado 12 e o domingo 13 de outubro, coa participación dos mellores 40 triatletas masculinos e femininos de España, que compiten entre si nunha proba superspring.
A pesar do operativo que afectará a toda a zona norte da cidade, o Concello indica que non se vai a limitar a mobilidade peonil nin de tráfico rodado durante estas xornadas. Está previsto que a incidencia no tráfico sexa menor ao coincidir o ProTour e o Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo.