Comeza no Pazo da Cultura o Congreso Atlantic Meet sobre relacións persoais

Pontevedra
15 de setembro 2022

O primeiro congreso español sobre relacións persoais, o Atlantic Meet, comezou este xoves en Pontevedra cunha mesa redonda para poñer en valor a internacionalización de Galicia a través do Camiño de Santiago  

Congreso Atlantic Meet Mónica Patxot

O primeiro congreso español sobre relacións persoais, o Atlantic Meet, comezou este xoves en Pontevedra cunha mesa redonda para poñer en valor a internacionalización de Galicia a través do Camiño de Santiago.

Nesta mesa participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou a importancia deste Xacobeo como motor da recuperación económica e cultural de Galicia tras a incidencia da crise sanitaria grazas á chegada de preto de 335.000 peregrinos no que vai de ano, dos cales máis de 140.000 son estranxeiros, e as boas cifras de ocupación turística que está a gozar a Comunidade.

O Atlantic Meet conta con personalidades como Toni Nadal, Mario Alonso Puig, Emilio Duró e Elsa Punset que falarán da importancia do liderado responsable e consciente dentro do mundo do emprendemento e en nosa propia esfera persoal, así como da resiliencia precisa en tempos tan cambiantes como os que vivimos.

Xunto con estas catro relatorios, haberá outras mesas redondas nas que se tratarán temáticas como o papel do turismo sostible dentro do desenvolvemento de cidades, con especial mención ao Camiño de Santiago en pleno ano Xacobeo, ou a importancia de apostar por unha economía circular que poña por diante o respecto á contorna á hora de levar adiante actividades económicas.