Comeza en Vilagarcía toda a programación de Nadal, con luces, xardíns efémeros, Fexturrón e circo

O Salnés
28 de novembro 2021

Vilagarcía acendeu este sábado a iluminación do Nadal. Nun acto inaugural desenvolveuse  alredor da árbore da céntrica praza de Galicia, con Papa Noel xunto ao alcalde Alberto Varela

Árbore de Nadal de Vilagarcía Concello de Vilagarcía

Vilagarcía acendeu este sábado a iluminación do Nadal. Nun acto inaugural desenvolveuse  alredor da árbore da céntrica praza de Galicia, con Papa Noel xunto ao alcalde Alberto Varela.

A Banda de Música de Vilagarcía amenizou a velada con panxoliñas.

Ademais das luces, a cidade tamén está decorada con xardíns efémeros instalados en diferentes puntos, a aldea infantil da explanada do Auditorio e as atraccións do Fexturrón no recinto feiral de Fexdega, coa pista de xeo e o tobogán como principal reclamo.

A actividades programadas polo Concello de Vilagarcía inclúen o espectáculo chamado Circo de Nadal, o 27 de decembro, no Auditorio Municipal con números musicais, maxia, acrobacias e humor.