Comeza a substitución do pavimento entre Benito Corbal e Cobián Roffignac

Pontevedra
15 de xullo 2014

As obras executaranse en dúas noites dado que o secado prolongarase entre catro e oito horas, en función do tempo. Os traballos consistirán en levantar o pavimento actual e na colocación doutro de pintura de base con dobre componente cunha textura moito máis grosa que o actual e en cor distinta. Ademais, aproveitaranse estes traballos para reforzar a sinalización vertical da zona e evitar a confusión actual

Novo pavimento en Benito Corbal PontevedraViva

O Concello de Pontevedra iniciou a pasada noite a substitución do pavimento que une o tramo peonil de Benito Corbal con Daniel de la Sota e Cobián Roffignac. As obras executaranse en dúas noites dado que o secado prolongarase entre catro e oito horas, en función do tempo.

Os traballos consistirán no levantamento do pavimento actual e na colocación doutro de pintura de base con dobre componente cunha textura moito máis grosa que o actual e en cor distinta.

Ademais, aproveitaranse estes traballos para reforzar a sinalización vertical da zona e evitar a confusión actual. O goberno municipal entende que debe quedar clara a preferencia peonil de todo este ámbito.

A obra non terá custes engadidos para o Concello, xa que se fai cargo da súa reposición a empresa adxudicataria.