Colectivos de Poio fórmanse coa Policía Local para saber como actuar ante persoas desaparecidas

Poio
24 de abril 2022

O Pazo de Ferreirós acolle entre os días 25 e 27 de abril un curso organizado pola Policía Local que busca que toda a poboación saiba como actuar ante o caso dunha persoa desaparecida. Impartirao o xornalista, investigador e experto en desaparecidos Celestino Vieitez

Cartaz da charla sobre desaparecidos en Poio
Cartaz da charla sobre desaparecidos en Poio Policía Local de Poio

O Pazo de Ferreirós acolle entre os días 25 e 27 de abril un curso organizado pola Policía Local que busca que toda a poboación saiba como actuar ante o caso dunha persoa desaparecida. 

A Policía Local ha decidido organizar este curso porque considera que é importante que exista un protocolo de actuación que permita saber como facelo canto antes. Para iso, queren contar cun grupo de colectivos do propio municipio para lograr localizar con vida da persoa desaparecida.

Así, a Policía Local ha convidado a este curso a Protección Civil, a Garda Civil, a asociación de Motos, os gardacostas, as confrarías, o gremio de taxistas, as comunidades de Montes, criminólogos ou o club ciclistas, entre outros.

O obxectivo é dar a coñecer as primeiras actuacións e que teñan coñecementos básicos dunha procura, xa que é esencial a colaboración coa Policía na investigación do suceso e coa familia polo doloroso que resultan estes casos.

As xornadas desenvolveranse os días 25, 26 e 27 en horario de tarde, de 19:30 a 21:30, e impartiraas o xornalista, investigador e experto en desaparecidos Celestino Vieitez.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse no email policialocal@concellodepoio.es, poñendo ao colectivo ao que pertence e o interese no curso.