Colaboración entre Brilat e Aempe para fomentar a colocación do persoal militar no mercado laboral

Pontevedra
28 de febreiro 2017

A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) creará unha bolsa de traballo que permita colocar no mercado laboral ao persoal militar que ao cumprir os 45 anos finalice o seu compromiso activo co Exército

Sinatura do convenio entre Aempe e Brilat

A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) e a Brigada de Infantería Lixeira Aerotranspotable (BRILAT) asinaron este martes un convenio de colaboración para impulsar a colocación no mercado laboral do persoal militar.

En concreto, AEMPE creará unha bolsa de traballo destinada ao persoal militar que ao cumprir os 45 anos finalice o seu compromiso activo co Exército.

Actualmente na base pontevedresa da BRILAT, en Figueirido, máis de 130 militares atópanse nunha situación de "longa duración" cunha idade comprendida entre os 40 e os 45 anos,

Grazas a este convenio, sinalaron tras a súa firma, as empresas que contraten a persoal militar poderán beneficiarse de traballadores con características como o traballo en equipo, a lealdade ou o compañeirismo.