A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) imparte, no centro de recursos de Monte Porreiro, un curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
Esta formación está dirixida a persoas que actualmente están en situación de desemprego, co fin de que poidan aprender unha profesión e adquirir maiores competencias de cara á inserción laboral. O curso consta de 448 horas lectivas que se impartirán en horario de luns a venres de 16 a 21 horas
Os 15 alumnos (9 mulleres e 6 homes) terán que superar os diferentes módulos do curso para obter o certificado de profesionalidade. Ademáis tamén contarán coa oportunidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas da zona.
Para poder apuntarse a esta formación, todas as persoas seleccionadas deben ter recoñecida a discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, ademais de estar en situación de desemprego e ser maiores de idade
Estas formacións teñen por obxectivo conseguir un incremento das posibilidades de inserción laboral nas persoas que teñen discapacidade, un grupo social ao que moitas veces se lle poñen máis barreiras das habituais á hora de conseguir un emprego.