Citados mozos de entre 16 e 29 anos para un cribado este xoves na Illa de Arousa

O Salnés
17 de agosto 2021

O Servizo Galego de Saude realizará un cribado debido á alta incidencia de contaxios que se detectan na vila, que se moven entre os 29 positivos detectados o 13 de agosto aos 19 do domingo 15. As probas serán realizadas no pavillón do Colexio Torre Illa, en horario de mañá e de tarde

Patio do Colexio Torre Illa, na Illa de Arousa Colexio Torre Illa

O Servizo  Galego de Saúde (Sergas) realizará un cribado para detectar positivos asintomáticos na Illa de Arousa. Nas últimas xornadas identificouse unha alta incidencia de contaxios. 

Na xornada do 13 de agosto rexistrábanse 29 casos activos e o domingo 15, 19 positivos neste municipio. Por este motivo, o alcalde Carlos Iglesias, publicaba un bando no que solicita a intervención da poboación este xoves 19 de agosto nestas probas.

O  cribado realizarase no pavillón do Colexio Torre Illa, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas. Está convocada poboación con idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos, que serán notificados por mensaxes sms.

Para o resto de poboación, é necesario rexistrarse na páxina do Sergas: coronavirus.sergas.gal, segundo figura no bando da alcaldía publicado pola Policía Local nas redes sociais.

O rexedor solicita aos asistentes que atenden as instrucións tanto do persoal sanitario como das autoridades que se atopen na zona para evitar aglomeracións, seguindo os sinais de circulación dentro do recinto