Cita dobre para rematar o ano en Soutomaior: Prebadaladas con Peter Punk e unha gran festa con 'La Yaya' DJ

Soutomaior
30 de novembro 2024

O domingo 29 de decembro haberá un Baile de Nadal para os maiores de 65 anos amenizado polo Trío Azbache na Casa do Pobo do Val Sobral. Haberá cotillón, cholocatada e buses lanzadeira

Rosana Martinez Boullosa e Manu Lourenzo Concello de Soutomaior

O último día do ano chegará a Soutomaior cunha cita dobre pensada para todos os públicos, un espectáculo para os máis pequenos e unha festa nocturna para os maiores.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, presentaron a programación para os últimos días do ano. 

A primeira cita será o domingo 29 de decembro co Baile de Nadal para os maiores de 65 anos. Estará amenizado polo Trío Azbache na Casa do Pobo do Val Sobral.

Este baile será totalmente gratuíto e contará con cotillón e cholocatada. Habera, tamén de balde, buses lanzadeira dende Arcade que pasarán polos barrios.

As persoas interesadas en asistir terán que inscribirse en liña dende o 9 ata o 20 de decembro. As persoas que o desexen contarán con axuda nas Oficinas Xerais do Concello, en Soutomaior, e nos Servizos Sociais no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos), en Arcade. 

Xa o dia 31, a festa terá unha cita infantil co espectáculo de 'Prebadaladas' de Peter Punk na Alameda de Talo Río en horario de 17:30 a 18:30 horas.  É un espectáculo destinado ao público familiar.

O día 1 de xaneiro, de madrugada, tamén na Alameda de Talo Río, haberá una Gran Festa de Fin de Ano de balde coa actuación de 'La Yaya' DJ.

A festa contará cunha carpa climatizada, roupeiro, cotillón e moito máis a partir das 00:45 horas

O Nadal dará comezo o día 7 de decembro co acendido das luces e terá un mes de programaión. Consulta aquí a programación completa de 'Vivir o Nadal en Soutomaior'.