Cincuenta e catro novos contaxios disparan de novo os casos de covid-19 en Pontevedra

Pontevedra
18 de outubro 2020

Malas noticias na evolución da covid-19. Nas últimas 24 horas, detectáronse 54 novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Os casos activos polo coronavirus crecen ata os 457, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde

Evolución do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra a 18 de outubro Servizo Galego de Saúde

Malas noticias na evolución da covid-19. Nas últimas 24 horas, detectáronse 54 novos contaxios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Os casos activos polo coronavirus crecen ata os 457, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde.

Ata 21 destes pacientes atópanse hospitalizados, un máis que onte. O aumento rexístrase na UCI de Montecelo, onde hai actualmente catro persoas con covid-19.

Os outros dezasete evolucionan en planta: doce en Montecelo, catro no Hospital do Salnés e un no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

O resto dos pacientes que contraeron o virus, outras 436 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 2.130 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, trece máis desde onte, e rexistráronse 25 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 54.079, 520 nas últimas horas. Desde onte, detectáronse 54 novos positivos por PCR. A estas probas súmanse as 36.238 serologías realizadas ata a data.

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.932, 189 máis que o día anterior. Deles 839 son da área da Coruña, 450 da de Lugo, 1.577 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 708 da área de Vigo, 719 da de Santiago e 182 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 4.643 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 23.326 persoas curadas, rexistrándose 818 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 586.482 probas PCR e 380.488 probas serológicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 437 infectados.