CIG emprende "accións legais" contra o conselleiro Javier Guerra

O Salnés
07 de novembro 2012

O sindicato nacionalista adopta esta decisión ao entender que se están "propiciando" demoras no proceso relativo ás ofertas presentadas para a adquisición de centros de traballo da conservera Bernardo Alfageme, "facilitando" así que finalmente se realice unha poxa.

Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria PontevedraViva

O avogado da CIG, Gustavo García, comunicou á Xunta que emprende "accións legais" contra o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o director do Igape, Javier Aguilera.

O sindicato nacionalista adopta esta decisión ao entender que se están "propiciando" demoras no proceso relativo ás ofertas presentadas para a adquisición de centros de traballo da conservera Bernardo Alfageme, "facilitando" así que finalmente se realice unha poxa.

No escrito remitido ao propio Javier Guerra indícase que o sindicato entende que a "absurda demora" no proceso de adquisición que está supoñendo o proceso de recepción de ofertas "facilitaría" a realización da poxa por lotes dos bens da empresa, a cal "xa ten sinalada" o Xulgado Mercantil de Vigo que tramita o concurso desta conserveira.

Na misiva, o letrado recorda ademais que a "representación dos traballadores" e os administradores concursais "teñen xa aceptado as condicións económicas e de mantemento dos postos de traballo" ofrecidas pola firma El Consorcio, para as plantas pontevedresas de Ribadumia e Vilaxoán.

Así, advirte de que "si como consecuencia da intencionada demora deste proceso, chegase a frustrase definitivamente o mantemento de tantísimos postos de traballo" --uns 150--, tanto Guerra como Aguilera "poderían resultar personalmente responsables dun delito de prevaricación, polas súas actuacións e omisións neste proceso".

Por iso, previamente, o avogado comunica ao conselleiro no seu escrito "a interposición das correspondentes accións xudiciais".

Arquivado en