A partir da próxima semana, Meteogalicia prevé un cambio nas condicións meteorolóxicas, cunha diminución da influencia anticiclónica. Isto traerá consigo un descenso de temperaturas e un aumento da posibilidade de precipitacións, poñendo fin a onda de calor extrema.
Así, para o vindeiro luns 12 de agosto os técnicos de Meteogalicia sitúan a probabilidade de que chova nun 65%. Para o martes baixa ao 55% e para o mércores chega ao 70%.
Mentres tanto, durante este venres a Península Ibérica enfróntase á cuarta onda de calor do verán, que en Galicia afectará especialmente á provincia de Ourense.
A Xunta de Galicia activou este xoves o nivel amarelo por calor na comarca de Valdeorras.
Espérase unha fin de semana con máximas que superarán os 34 graos en Pontevedra.
O sábado continuaremos influenciados por as altas presións cunha masa de aire moi cálido sobre Galicia.
Durante o domingo, a chegada de aire frío en capas altas dará lugar a un aumento da inestabilidade atmosférica.
Na próxima semana perdemos a influencia anticiclónica, con aumento da probabilidade de precipitacións e baixada de temperaturas, quedando mesmo en valores baixos para a época do ano.