Choiva de iniciativas para dar a coñecer entre a cidadanía o Plan de Movilidad Urbana Sostible

Pontevedra
10 de xuño 2022

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, avanzou que o Concello lanzará unha web específica para explicar os principais aspectos do documento, así como o inicio de reunións con colectivos sociais, accións na rúa e obradoiros para as familias

Vehículo circulando pola plataforma única de Michelena Cristina Saiz

O Concello de Pontevedra ten previsto iniciar unha rolda de reunións veciñais para recavar a opinión e suxerencias da cidadanía con respecto ao Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS) ou a reforma integral do barrio de Monte Porreiro.

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, explica que o goberno local quere dar "unha volta de porca" ao sistema de participación veciñal a través da repartición de material divulgativo, presentacións ou mesas nas rúas para coñecer os proxectos e presentar in situ reclamacións e propostas ao documento.

Con respecto ao PMUS, o concelleiro iniciará a próxima semana unha rolda de contactos con representantes da Fanpa e da Federación de Asociacións de Veciños Castelao. Así mesmo, o documento inicial atópase xa dispoñible para a súa lectura na web oficial do Concello e nos próximos días estrearase unha páxina web específica no que estará explicado de forma moi visual e pormenorizada cada un dos aspectos dun plan obrigatorio chamado a revolucionar a forma de moverse en vehículo polo centro da cidade.

Este espazo dixital contará tamén cunha propia enquisa que servirá para comprobar o nivel de comprensión do PMUS e, ao mesmo tempo, recoller as suxerencias da cidadanía. 

Do mesmo xeito, teñen previsto inaugurar unha exposición sobre este plan na Peregrina o próximo 22 de xuño, obradoiros para familias no museo e en centros sociais e a repartición a domicilio de material divulgativo sobre este proxecto.

"Somos a única cidade de España que non lle vai dar gasto aos veciños por circular polas zonas de baixas emisións", recalcou Gómez, quen criticou tamén a postura do Partido Popular acerca da súa intención de reabrir ao tráfico Reina Vitoria para vehículos eléctricos, algo que desde o Concello ven como discriminatorio e que favorecería ás rendas máis altas, que son as que teñen acceso máis fácil a este tipo de coches.

Doutra banda, sobre a intención do goberno local de retomar a reforma urbana do barrio de Monte Porreiro, Demetrio Gómez explicou que nos próximos días desvelarán detalles concretos dun proxecto que "está moi avanzado", pero do que aínda están á espera de instrucións da Xunta para incluír ao barrio nun plan de vivenda que permitiría obter fondos europeos Next Generation que permitiría executar plans moito máis ambiciosos.