O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organiza unha nova lacoada de San Sebastián, despois do éxito colectado nas anteriores edicións.
A cita gastronómica terá lugar na fin de semana do 18 e 19 de xaneiro, coincidindo coa festividade do patrón da cidade do Lérez.
Hai máis de cinco séculos que a cidadanía da Boa Vila se comprometeu a dedicar o día 20 de xaneiro a San Sebastián, patrón dos comerciantes e viñateiros de Pontevedra. Esta festividade, preludio do Entroido, era celebrada tradicionalmente con comidas contundentes para combater o frío e era considerada a "primeira festa do ano".
Esta lacoada ofrece a todos os pontevedreses a oportunidade de gozar dunha xornada festiva e continuar con esta tradición.
Dende Zona Monumental anuncian que aqueles hostaleiros que o desexen poderán ofrecer no seu menú ou carta lacón con grelos, chourizo e patacas ou tamén poden ser servidos como pincho ou tapa.
Os hostaleiros que desexen participar poderán facelo sen custo algún para eles, unicamente é necesario comunicalo o Centro Comercial Urbano Zona Monumental antes do sábado 11 de xaneiro enviando unha mensaxe por WhatsApp ao número de teléfono 685896569 o remitindo un correo electrónico a info@ccuzonamonumental.es
Acompañando a lacoada, tamén haberá animación e música polas rúas do centro histórico. Ademais, este evento contará con publicidade na cal se publicarán os establecementos participantes.