Chega a Pontevedra o Congreso Acelerador do Crecemento Persoal ⿿Ponte a Punto⿝

Pontevedra
01 de outubro 2012

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, destaca que a recén creada Oficina de Congresos comeza a dar froitos. O Congreso terá lugar o venres, 16 e sábado, 17 do próximo mes de novembro.

Organizadores do Congreso"Ponte a punto" coa concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. PontevedraViva

Pontevedra acollerá a primeira edición do Congreso Acelerador do Crecemento Persoal ⿿Ponte a punto⿝ durante o venres, 16 e sábado, 17 do próximo mes de novembro.

O evento programa relatorios nos que nos invitan a ⿿tirar partido do cerebro, a distinguir entre o importante e o urxente ou a comportármonos na vida como orixinais e non como fotocopias⿝.

O Congreso chega a Pontevedra da man de José Luis Bouzas, xerente da empresa Docensa, despois dos contactos mantidos coa concelleira de Turismo Carlota Román.

Román subliñou que a creación da Oficina de Congresos ⿿está a dar os seus froitos e os resultados comezan a chegar⿝.

O congreso da motivación e o crecemento persoal conta co atractivo da presenza de Emilio Duró (experto formador en motivación e actitude). A Duró súmanse outros relatores como Roberto Pérez Marijuán, habitual en congresos e conferencias sobre habilidade, e Eduardo Sánchez, representante para España e Latinoamérica do fenómeno editorial ⿿O segredo⿝.

Durante a reunión previa á presentación do congreso, a edil socialista agradeceu a aposta pola cidade como sede deste importante congreso e lembrou que a pasada semana xa tivo ocasión de presentar, xunto a Víctor Arufe, o congreso sobre Deporte, Alimentación e Saúde ⿿Sportis⿝, que en 2013 terá como sede a cidade do Lérez.

A concelleira concluíu que poñer en marcha un Plan Estratéxico para a captación do turismo de negocios (MICE) debe ser un traballo serio e continuado, por enriba das anécdotas puntuais.

Para elo, lembrou, asistiu á reunión mantida con outros concelleiros de Turismo e alcaldes de toda España con motivo da reunión da asemblea anual do Spain Convention Bureau de Zamora hai dúas semanas.