Chega a feira máis doce

Pontevedra
13 de agosto 2016

A cita festiva inaugurouse este sábado coincidindo co arranque das festas da Peregrina e durante oito días estará aberta ao público en horario de mañá e tarde de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas. Os días festivos tamén abrirán os stand, pero variando as horas, de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 18.00 a 22.00 pola tarde-noite

Inauguración da XXVI Feira do Mel na rúa Senra Cristina Saiz

Desde este sábado 13 ata o 21 de agosto estará aberta na rúa Serra a festa máis doce de todas as que celebran en Pontevedra ao longo do ano, a Feira do Mel, que este ano chega á súa 26 edición coa promesa de ofrecer o mesmo producto de sempre, pero novidades para dinamizar o evento. 

A cita festiva inaugurouse este sábado coincidindo co arranque das festas da Peregrina e durante oito días estará aberta ao público en horario de mañá e tarde de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas. Os días festivos tamén abrirán os stand, pero variando as horas, de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 18.00 a 22.00 pola tarde-noite.

Este ano 2016 serán seis os apicultores pontevedreses que achegarán a veciños e visitantes ao mundo das abellas e o seu produto estrela, o mel. Xunto con degustacións, maridaxes e venta, haberá xogos e obradoiros infantís e para adultos e charlas divulgativas.

Nesta edición estrearanse novos obradoiros como novidade. Ademais de puntos de formación sobre extracción de mel, haberá outros de elaboración de produtos cosméticos e, para nenos, actividades para que aprendan a elaborar barquiños de mel e outros de glosalxia ou  maquillaxe.

Organizada pola asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra, a Feira do Mel conta coa colaboración do Concello de Pontevedra. A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, destacou a importancia do certame para poñer en valor o mel e as súas potencialidades gastronómicas, cosméticas ou curativas e tamén para dinamizar o casco histórico.

AmpArticleViewer.default.tags