Chamamento para que o "eco" das protestas da flota expulsada de Mauritania chegue a Bruxelas

Pontevedra
23 de maio 2013

Coa vista posta na importante reunión que a Comisión de Pesca da Unión Europea celebrará o próximo 29 de maio, os mariñeiros da flota cefalopodeira expulsados do caladoiro de Mauritania retoman as mobilizacións. Será cunha gran manifestación que se celebrará este venres 24, ás 20.30 horas, na Alameda de Marín, e que conta co apoio dos concellos de Marín, Bueu e Pontevedra

Xuntanza dos mariñeiros da flota cefalopodeira co alcalde de Pontevedra PontevedraViva

Coa vista posta na importante reunión que a Comisión de Pesca da Unión Europea celebrará o próximo 29 de maio, os mariñeiros da flota cefalopodeira expulsados do caladoiro de Mauritania retoman as mobilizacións. Será cunha gran manifestación que se celebrará este venres 24, ás 20.30 horas, na Alameda de Marín, e que conta co apoio dos concellos de Marín, Bueu e Pontevedra.

Así o explicaron os afectados, tanto mariñeiros como armadores, ao remate da entrevista que mantiveron co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. A el explicáronlle en que punto atópase o seu conflito. A Comisión de Pesca analizará un informe "demoledor" en contra das xestións realizadas pola Unión Europea ante o goberno mauritano, "porque gastan os mesmos cartos para pescar moito menos", segundo Xabier Aboi.

O respaldo a este informe negativo sería, segundo Francisco Freire, presidente dos armadores de Marín, "un toque de atención" ás autoridades europeas, aínda que recoñeceu que non será determinante. Tralo seu paso pola Comisión de Pesca, este acordo pesquero deberá pasar polo Parlamento Europeo e alí hai 700 personas que no han demostrado nunca mucho interés en la pesca y todo puede pasar".

Neste sentido, Xabier Aboi, que criticou que as autoridades europeas estean dando pasos para solucionar o conflito do caladoiro mauritano só para a flota peláxica holandesa e o marisqueo, fixo un chamamento aos eurodeputados españois, especialmente aos de Izquierda Unida, dos que dixo, "non hai constancia de que vaian a votar a favor dos nosos intereses", para que non dean as costas á flota galega.

En todo caso, os afectados insisten en que este problema non vén xerado por motivos biolóxicos ou por esgotamento do caladoiro mauritano e esixen unha solución, xa que as axudas que reciben polo súa parón finalizan o próximo mes de xullo "e non podemos esperar máis". Di Aboi que "se nos din que esperemos ata despois desa data, igual cando veñan a buscarnos xa non hai flota que salvar, estará toda no desguace".

Con respecto a esta problemática, Miguel Fernández Lores destacou que a expulsión dos barcos do caladoiro mauritano, 20 en total que empregaban a unhas 300 persoas da comarca de O Morrazo, enmárcase nunha situación "dramática" do sector galego, no que dixo "cada vez hai menos traballo, menos barcos, menos construción naval e menos pesca" e reclamou á UE, á Xunta e ao Ministerio de Pesca "que defendan os intereses galegos".

Arquivado en