O Concello de Cerdedo-Cotobade incorpora un vehículo eléctrico á frota municipal

Cerdedo-Cotobade
03 de decembro 2024

O Concello recibiu unha achega de 39.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental

Novo vehículo eléctrico do Concello de Cerdedo Cotobade Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adquirir un novo vehículo eléctrico grazas ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA).

Foi cunha achega de 39.000 euros. O novo vehículo permitirá diminuír as emisións da frota municipal.

Esta liña de axudas contou cun orzamento de máis de 400.000 euros na área territorial de Pontevedra dos que se beneficiaron 13 concellos.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, lembrou a importancia de "traballar en colaboración cos concellos para conseguir unhas institucións máis respectuosas co medio ambiente".

O FCA foi creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial.

As accións subvencionables inclúen os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio.

Entre os obxectivos que deben perseguir figuran a conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

Tamén deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio natural.