Cerdedo-Cotobade seleccionará en abril a 20 traballadores a través do Plan Concellos da Deputación

Cerdedo-Cotobade
13 de marzo 2023

O Concello de Cerdedo-Cotobade organizou unha xuntanza informativa á que asistiron uns 70 veciños do municipio en situación de desemprego e que foron incluídos polo Servizo Galego de Colocación como posibles beneficiarios do plan municipal que se iniciará o vindeiro 3 de abril dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Xuntanza informativa en Cerdedo-Cotobade Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade organizou unha xuntanza informativa á que asistiron uns 70 veciños do municipio en situación de desemprego e que foron incluídos polo Servizo Galego de Colocación como posibles beneficiarios do plan municipal que se iniciará o vindeiro 3 de abril dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Os técnicos municipais tamén informaron doutros plans de emprego como o APROL, para prevención de incendios; o RISGA, para colectivos en risco de exclusión social; brigadas de incendios; servizo de camión motobomba municipal, etc.

As contratacións do Plan Concellos da Deputación ofertan 20 prazas por sete meses. Os aspirantes, remitidos pola oficina de emprego, terán que someterse ás correspondentes probas prácticas, baremación de méritos e criterios sociais de cada participante seguindo estrictamente as bases da convocatoria e o riguroso proceso selectivo que garante a igualdade de oportunidades dos candidatos e deseñado pola administración provincial.

Así, os candidatos deberán entregar antes deste venres toda a documentación requerida. A vindeira semana farán unha proba práctica axeitada ás características do posto a desempeñar e nos días previos ao 3 de abril, data de inicio do seu contrato, farase a baremación de méritos e criterios sociais de cada participante seguindo as bases da convocatoria.