Cerdedo celebra o segundo aniversario da apertura da residencia da terceira idade

Cerdedo-Cotobade
15 de marzo 2025

O alcalde, Jorge Cubela, sinalou que un dos obxectivos do seu grupo de goberno é contar cunha terceira instalación sociosanitaria no municipio, que estará ubicada en Carballedo

Celebración do segundo aniversario da residencia de Cerdedo
Celebración do segundo aniversario da residencia de Cerdedo Concello de Cerdedo-Cotobade

Os usuarios e a plantilla de profesionais que se encargan do seu funcionamento foron os protagonistas da celebración do segundo aniversario da apertura da residencia da terceira idade de Cerdedo.

Despois dunha actuación musical a cargo do grupo de gaitas Os Xeitosos da Insua, o alcalde, Jorge Cubela, compartiu cos presentes o "orgullo e a satisfacción" de que este centro sociosanitario leve xa dous anos de funcionamento atendendo as necesidades dos seus usuarios.

Ademais, tamén se referiu á importancia que este centro ten como elemento xerador de emprego no municipio e salientou o feito de que gran parte do persoal que traballa nel teña a súa procedencia neste municipio.

O alcalde recordou a importancia que este tipo de servizo de atención sociosanitaria ten para as persoas maiores e sinalou que un dos obxectivos do seu grupo de goberno é contar cunha terceira instalación sociosanitaria no municipio, que estará ubicada en Carballedo.

O seu proceso de construción está avanzando e vai "a moi bo ritmo", asegurou.

"Con esta nova infraestrutura penso que quedamos moi ben cubertos no noso concello nesta materia tan importante e estratéxica desde un punto de vista social e da mellora da calidade de vida dos nosos maiores", sentenciou o alcalde.