CCOO advirte da falta de persoal en Correos de Bueu

Bueu
17 de decembro 2024

Sinalan que esta situación provoca un problema de sobrecarga no servizo, principalmente nestas datas de Nadal

Repartidor de Correos Mónica Patxot

O sindicato maioritario de Correos na provincia de Pontevedra denunciou a grave situación que atravesa a oficina de Bueu, onde só están cubertas tres das sete seccións de repartición existentes, unha situación especialmente crítica en plena campaña do Nadal, según CCOO.

A falta de persoal está a provocar importantes atrasos nas entregas e unha acumulación de tarefas que afecta directamente á calidade do servizo postal nesta localidadea.

Para paliar a situación, Correos optou por conceder horas extra a traballadores doutra unidade de repartición, unha medida que Comisións Obreiras considera insuficiente.

O sindicato advirte que esta sobrecarga laboral está a afectar tanto á saúde física como mental dos traballadores, provocando un aumento das baixas laborais debido á presión que xera esta "extenuante situación".

CCOO esixiu mediante un escrito remitido o pasado 11 de decembro a contratación do persoal necesario para a unidade de repartición en Bueu.

O sindicato advirte que, de non reverter a situación, estarán brigados a tomar medidas de presión para protexer o benestar dos traballadores e garantir un servizo público de calidade.

A organización sindical considera "inadmisible" esta situación en períodos normais e "inasumible" en plena campaña do Nadal, cando o volume de paquetería aumenta de maneira notable.