Catro colexios e 71 novos ciberexpertos con carné

Pontevedra
06 de maio 2024

Este programa forma parte do 'Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas', no que a Policía Nacional ha impartido no que vai de ano máis de 111 charlas en 33 centros educativos de Pontevedra

Entrega dos carnés de ciberexpertos no colexio de Ponte Sampaio Subdelegación do Goberno en Pontevedra

Un total de 71 escolares de 4 colexios de Pontevedra recibiron nos últimos meses o carné de Ciberexpert@ concedido pola Policía Nacional a aqueles centros e escolares que superan o seu programa de educación dixital para os máis pequenos. 

Este programa forma parte do 'Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas', no que a Policía Nacional  -tamén o desenvolve a Garda Civil- impartiu no que vai de ano máis de 111 charlas en 33 centros educativos de Pontevedra.

Os axentes especializados da Unidade de Participación Cidadá son os encargados deste programa e do Plan Director e imparten charlas de prevención e seguridade en colexios de toda Pontevedra sobre cinco temáticas: o acoso escolar, o consumo de drogas e alcol, as bandas violentas e o racismo, a violencia sobre a muller e a discriminación e os riscos asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

A participación dos centros educativos no proxecto é voluntaria e pode solicitarse a través do correo seguridadescolar@policia.es, na páxina web ou nas delegacións de participación cidadá da Policía Nacional.

Unha pata importante deste programa son as novas tecnoloxías porque cambiaron a nosa forma de comunicarnos e relacionarnos cos demais. Doutra banda, o acceso dos nenos a Internet xera dúbidas nos adultos sobre como afrontar a súa educación nese aspecto: ciberacoso, grooming, sexting, tecno adiccións, suplantación de identidade, privacidade…

O proxecto de Ciberexpert@ responde a esa maior demanda de orientación na educación dixital, e que recompila aquelas temáticas que máis afectan os nosos nenos, como demostrou a experiencia dos axentes neste ámbito.

Os obxectivos do programa son, fundamentalmente, sensibilizar e formar aos menores para minimizar os riscos inherentes ao uso cotián das TIC’s, facilitar ferramentas para unha navegación máis segura, capacitalos para unha comunicación adecuada nas redes sociais e concienciarlles da importancia da privacidade tanto en liña como offline. 

Precisamente, este luns, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, fixo entrega dos carnés de ciberexperto aos 16 alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP de Ponte Sampaio de Pontevedra.

Acompañado polo comisario provincial, Juan José Díaz; e polo director do centro educativo, Avelino Cabaleiro, o subdelegado felicitou ao alumnado pola superación deste curso, recalcando a importancia de coñecer non só as vantaxes, senón tamén os riscos que implican o uso das tecnoloxías.

Neste liña, animou aos nenos e nenas a transmitir os coñecementos adquiridos ao resto de alumnado do colexio, así como á súa contorna familiar,  para axudar a pais, nais avós e avoas no uso das novas tecnoloxías.

Non transcurso do acto, o subdelegado do Goberno subliñou a importancia de concienciar os menores sobre a súa propia seguridade na internet e fixo fincapé sobre a necesidade de ofrecerlles a formación e as ferramentas necesarias para que naveguen pola rede de maneira responsable. Tamén destacou o labor educativo que desenvolve a Policía Nacional para formar o alumnado fronte os riscos que poden entrañar as redes sociais e as novas TIC.