Case 400 persoas abandonan as listas do paro en Pontevedra durante o mes de xuño

Pontevedra
04 de xullo 2017
Actualizado: 20:32

O descenso é xeneralizado en todos os municipios da provincia de Pontevedra, aínda que é moito máis marcado nas áreas de maior incidencia turística como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Cambados ou Poio. A cifra de persoas inscritas no paro é de 74.654, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Traballador nunha rúa de Pontevedra Mónica Patxot

Un total de 395 persoas abandonaron as listas de desemprego na cidade de Pontevedra durante o pasado mes de xuño, segundo reflicten os datos publicados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, a Boa Vila conta actualmente con 6.098 parados, un 6.08% menos que en maio.

O descenso é xeneralizado en todos os municipios da provincia de Pontevedra, aínda que é moito máis marcado nas áreas de maior incidencia turística como Sanxenxo, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Cambados ou Poio.

     Maio      Xuño      Variación
Pontevedra6.4936.098-395
Barro309287-22
Bueu919824-95
Caldas de Reis837796-41
Cambados1.2191.058-161
Campo Lameiro156153.3
Cerdedo-Cotobade447413-34
Cuntis369355-14
O Grove893658-235
A Illa de Arousa353311-42
A Lama195183-12
Marín1.8031.762-41
Meaño423339-84
Meis384344-40
Moraña415381-34
Poio1.2161.118-98
Ponte Caldelas577558-19
Portas225218-7
Ribadumia372320-52
Sanxenxo1.184879-305
Vilaboa465420-45
Vilagarcía de Arousa3.8953.741-154
Vilanova de Arousa      911847-64

 

DATOS PROVINCIAIS

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) reduciuse en xuño na provincia de Pontevedra respecto ao mes de maio en 4.692 persoas. Este dato supón un descenso do -5,91%.

A cifra de persoas inscritas no paro é de 74.654 na provincia de Pontevedra, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En taxa interanual, en relación co mesmo mes de 2016, na provincia contabilízanse 7.650 desempregados menos, o que representa unha baixada do 9,29%. 

GALICIA

Respecto ao dato galego, o número de persoas en paro rexistradas nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) diminuíu en xuño en 9.973 persoas (-5,00%) en Galicia en relación co mes anterior, o que sitúa a cifra total de desempregados inscritos en 189.665.

De acordo cos datos publicados este marte, no último ano o paro baixou en 17.655, un 8,52 por cento.

ESPAÑA

No total de España, baixou o mes pasado en 98.317 persoas en relación co mes anterior, o que sitúa a cifra total de desempregados inscritos en 3.362.811, o nivel máis baixo do últimos oito anos.

E, no país, no último ano o paro descendeu en 404.243 persoas, a maior redución anual en xuño de toda a serie histórica.

Arquivado en