Carmela Silva, preocupada porque o 95% dos contratos feitos en agosto en Pontevedra son temporais

Pontevedra
02 de setembro 2016

A presidenta da Deputación Provincial pide políticas activas de emprego á Xunta de Galicia e ao Goberno estatal ante a precariedade laboral que se rexistra na provincia

Dous cociñeiros traballando Ministerio de Empleo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou a súa preocupación ante os datos do paro durante o mes de agosto na provincia. Aínda que o paro descendese un 0'69% en Pontevedra, a presidenta provincial afirma que o 95'1% dos contratos realizados son temporais, por encima da media estatal que se sitúa no 92'8% e da media en Galicia de 94'3%.

Estes contratos temporais, afirma Carmela Silva, non permiten ter seguridade nin facer unha vida autonóma. Ademais, a máxima representante da Deputación indicou en relación cos datos das prestacións por desemprego que máis do 52% das persoas sen traballo non reciben un euro. Silva lembra que co goberno do PSOE de Zapatero o 75% contaba con prestacións e lanzaba a pregunta a Núñez Feijóo e a Mariano Rajoy de como se pode vivir con axudas inferiores a 535 euros.

ALFONSO RUEDA

Pola súa banda, o presidente provincial do Partido Popular e vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, considera bos os datos ao detectar unha baixada do paro na provincia. E sinalou que en Galicia, o desemprego leva varios meses consecutivos baixando. En todo caso, apuntou que mentres haxa tantísimas persoas en paro, esta situación seguirá sendo o principal reto.

Arquivado en