Carmela Silva critica a "caradura" do PP por pedir máis recursos á Deputación

Pontevedra
25 de marzo 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou que esta administración provincial destina o 33% do seu orzamento aos  concellos mentres que a Xunta "non chega de nin por asomo ao 1%", unha circunstancia que se repetiu nos últimos 11 anos, polo que acusou ao Partido Popular de "caradura" por "vir aquí a pedir que aumentemos eses orzamentos"  

Carmela Silva, presidenta da Deputación Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, lembrou que esta administración provincial destina o 33% do seu orzamento aos concellos mentres que a Xunta "non chega de ningunha maneira ao 1%", unha circunstancia que se repetiu nos últimos 11 anos, polo que acusou ao Partido Popular de "caradura" por "vir aquí a pedir que aumentemos eses orzamentos".

"Non saio do meu asombro coa sorpresa que me causan estes comportamentos da dereita que cada día ten menos vergoña", engadiu.

Carmela Silva fixo estas declaracións este venres nunha comparecencia de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Provincial na que se aprobaron 3 millóns de euros para os concellos.

Concretamente, son 1,3 millóns de euros do Plan Concellos para oito actuacións "moi importantes" en sete concellos (Bueu, Campo Lameiro, Cuntis, O Grove, Covelo, Gondomar e Mos) "cos que financiaremos dotación de equipamentos e actuacións de recuperación do espazo público", destacou Carmela Silva.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra tamén destina 1,4 millóns de euros ao cofinanciamento dos servizos comunitarios, "a pesar de ser unha competencia autonómica", tal e como lembrou a presidenta.

Ademais, o Goberno provincial aprobou as bases das axudas ao sector primario. Son 500.000 euros destinados a cooperativas agrogandeiras e a confrarías do sector pesqueiro. En 2021 estas subvencións, en concorrencia competitiva, chegaron a 38 entidades que destinaron o diñeiro a formación, TIC, aforro enerxético, ou melloras na comercialización, entre outros destinos.

Beneficiaranse destas axudas 31 dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes na provincia. Dedícanse ao Servizo de Axuda no Hogar e a financiar os custos do persoal.

Por último, Carmela Silva anunciou que a Deputación de Pontevedra súmase este sábado á "hora do planeta" apagando a luz dos os seus edificios. Deste xeito, explicou, a institución mostra o seu compromiso coa natureza e contra o cambio climático co apoio a esta iniciativa que naceu fai quince anos promovida pola organización WWF.

Deste xeito, o Goberno provincial apagará as luces do Pazo, do Edificio Administrativo, da sede de Turismo Rías Baixas e da sede de Vigo.