Cariño e apoio por parte da Xunta para os peregrinos da Palma no seu paso por Pontevedra

Pontevedra
01 de outubro 2021

A situación que está vivindo A Palma coa erupción do volcán Cumbre Vieja está xerando múltiples mostras de cariño e solidariedade ás que se sumaron as da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, que recibiu este venres na Praza de Galicia de Pontevedra a un grupo de 65 peregrinos procedentes da illa para trasladarlles unha mensaxe de ánimo e apoio pola difícil situación que están a padecer

Recepción na Praza de Galicia dos peregrinos da Palma Xunta de Galicia

A situación que está vivindo A Palma coa erupción do volcán Cumbre Vieja está xerando múltiples mostras de cariño e solidariedade ás que se sumaron as da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, que recibiu este venres na Praza de Galicia de Pontevedra a un grupo de 65 peregrinos procedentes da illa para trasladarlles unha mensaxe de ánimo e apoio pola difícil situación que están a padecer.

A secretaria territorial, Marta Iglesias, e o xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Turismo, amosaron a colaboración e cariño da Xunta de Galicia e do pobo galego ao numeroso grupo de camiñantes pertencentes ao Club El Atajo.

Ademais, os obsequiaron cunhas camisetas e máscaras conmemorativos do Ano Santo Xacobeo 2021-2022 e cun boneco de peluche da Cunchiña, a mascota oficial desta efeméride, para que o grupo a leve ata Catedral de Santiago.

Os representantes autonómicos sinalaron durante a recepción que "o pobo galego sinte algo especial por todos os peregrinos e, no caso deste grupo, quixemos ter un detalle especial e expresarlles o noso cariño e apoio e que saiban que os galegos se solidarizan coa súa situación ante as enormes dificultades e os terribles efectos que están a sufrir".

Este grupo de peregrinos teñen previsto realizar a etapa entre Pontevedra e Portas co obxectivo de alcanzar Santiago o vindeiro luns, completando así o Camiño Portugués pola Costa, que emprenderon dende Porto en 2019 e que tiveron que interromper por mor das restriccións da pandemia o pasado ano.