Campañó seguirá manifestándose ao non acadar acordo coa Xunta sobre a Variante de Alba

Pontevedra
01 de agosto 2019

Os veciños consideran que a Xunta asume o actual proxecto da Variante de Alba como "inamovible". Pola súa parte, desde a Consellería de Infraestruturas rexeitan as propostas veciñais por afectar a tres ríos e a un elemento patrimonial

Marcha veciñal en Campañó contra o proxecto da variante de Alba Cristina Saiz

Os veciños de Campañó saíron da reunión mantida este mércores co director da  Axencia  Galega de  Infraestruturas ( AXI), Francisco  Menéndez, e co xefe territorial de  Infraestruturas, José Luis Díez, descontentos ao comprobar que a decisión de executar o actual proxecto da variante de Alba é "inamovible", segundo expresa a portavoz veciñal Lucía Montoto.

A representante veciñal  indical que simplemente ofrecen algunha mellora no referente aos camiños veciñais que cruzan a vía, ademais de humanizar o tramo entre o novo vial e a VG 4.8, variante de Poio. Para os afectados, esta decisión non é algo novo xa que estaba recollido en anteriores proxectos nos que se incluía toda a PO-531 ata a rotonda de San Caetano. 

Ante esta situación, entenden que desde a Xunta de Galicia só se están prometendo accións pendentes de execución desde hai máis dunha década. 

Desde o colectivo veciñal lanzan tamén críticas ao goberno local e á oposición, "só contamos como votos electorais", afirma Montoto. Indica que ata o momento seguen pendentes de coñecer a posición dos grupos municipais ante este proxecto. Instan tamén á Federación de Veciños Castelao a que se posicione sobre esta obra.

Tras manter un encontro veciñal, despois da reunión, o colectivo de afectados manterán o seu calendario de protestas, os venres e os martes ás 20.30 horas polo tramo da PO-531 que pasa por Campañó.

A XUNTA REXEITA AS PROPOSTAS VECIÑAIS

A AXI propuxo celebrar un novo encontro coas persoas afectadas polo proxecto unha vez que se analicen as alegacións presentadas e se conte cos informes técnicos das diferentes administracións. Desde a Xunta entenden que a alternativa escollida para a Variante de Alba é a que mellor responde os obxectivos de ofrecer máis funcionalidade, mellorar a seguridade viaria e causar o menor impacto territorial.

Entenden que a alternativa defendida polos veciños supoñería afectar a tres ríos e á súa contorna, ademais de impactar cun elemento patrimonial, a 'Casa da Granxa', que conta con protección integral, segundo o PXOM. 

Arquivado en