Campaña solidaria para que este Nadal ninguén quede sen xoguetes

Barro
10 de novembro 2024
Actualizado: 12:18

Os xoguetes serán destinados a menores que foran vítimas das inundacións en Valencia. Tamén solicitan produtos de hixiene e roupa para persoas maiores

Xoguetes Foto de Taylor Heery en Unsplash

A Asociación Vagalume de Barro, en colaboración co colectivo Politicamente Incorrectos de Gondomar, lanza unha campaña solidaria para estas datas.

O obxectivo é garantir que todos os nenos e nenas das zonas afectadas en Valencia pola DINA (depresión illada en niveis altos) poidan pasar un Nadal con xoguetes.

Esta iniciativa busca levar un sorriso aos máis pequenos nestas datas tan especiais recollendo xoguetes para doalos ás vítimas da zona do Levante. Permanecerá activa ata o 17 de decembro.

Ademais, a campaña tamén recolle produtos de primeira necesidade para as persoas maiores, como produtos de hixiene e roupa, co fin de apoiar a aqueles que máis o precisan.

Os puntos de recollida habilitados para as doazóns son:

  • Un par de 2 (Barro)
  • Café-bar Xolda (Moraña)
  • Pinturas Armenteros (Vilagarcía de Arousa)

Para máis información sobre como colaborar, os interesados poden contactar coa Asociación Vagalume a través de Eva no teléfono 636 56 31 62.

Esta campaña é unha oportunidade para que a comunidade se una e axude a facer deste Nadal unha celebración máis inclusiva e solidaria para todas as persoas..