O Concello de Cambados suma unha actividade máis ao programa deseñado para conmemorar o 8M. O vindeiro domingo, 16 de abril, o Salón Peña acollerá un 'scape room' relacionado coa igualdade, a inclusión e a diversidade.
A actividade, organizada pola concellería de Igualdade, é de balde e trátase dun xogo de pistas e preguntas que leva como obxectivo saír dunha habitación pechada.
Segundo Fátima Abal, Concelleira de Igualdade, a actividade está pensada para fomentar valores igualitarios entre os máis novos a través dunha divertida iniciativa na que se poderá participar a partir dos dez anos. Os menores de idade deberán asistir acompañados dun adulto.
Todas aquelas persoas que desexen asistir poderán inscribirse ata o venres 14 de abril ata esgotar as 100 plazas dispoñibles. Deberán facelo ben de xeito presencial na oficina da Omix, a través do correo electrónicoomix@cambados.es ou ben chamando ao 986 542 663.