Cambados chora ás vítimas do "Sin Querer Dos"

O Salnés
20 de decembro 2018

Ao mediodía tivo lugar unha concentración multitudinaria ante a Casa Consistorial de Cambados na súa memoria

Minuto de silencio en Cambados Delegación del Gobierno en Galicia

A localidade de Cambados chora este xoves aos seus veciños Manuel Serén, Bernardino Padín, Teófilo Rodríguez e Guillermo Casais, os catro mariñeiros tripulantes do "Sin Querer Dos" que perderon a súa vida este mércores no naufraxio do cerqueiro.

Ao mediodía tivo lugar unha concentración multitudinaria ante a Casa Consistorial de Cambados na súa memoria.

A alcaldesa, Fátima Abal, informou que se instalará unha capela ardente no pavillón do Pombal, que estará aberta a partir das cinco desta tarde. O venres o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, oficiará unha misa neste pavillón ás catro da tarde, aínda que esta previsión está supeditada a apareza o corpo de Guillermo Casais.

Sobre as causas do afundimento do barco, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou que os sobreviventes apuntaron a dous golpes de mar consecutivos. O primeiro desprazou as redes que se engancharon nas hélices detendo a embarcación, o segundo golpe de mar provocou o seu envorco.

Respecto ao estado de saúde dos sobrevivientes, os catro de Cambados e de Portonovo recibiron o alta hospitalaria, mentres que os dous senegaleses seguen en observación no Hospital de Cee.