Este venres 2 de agosto, a nova Cafetería La Pasarela abría as súas portas en Pontevedra, na rúa José Adrio, número 4 (zona da Pasarela). Convidámoste a coñecer un espazo onde a calidez, o sabor e a boa compaña danse a man.
Dende o primeiro café da mañá ata o último brinde da tarde, Cafetería La Pasarela é o lugar ideal para gozar, grazas ao seu horario ininterrompido, de luns a sábado, de 8:00 a 23:00 horas.
Comeza o teu día cos nosos deliciosos almorzos variados, perfectos para cargar enerxías. Ao mediodía, déixate tentar pola nosa oferta de bocatería e pinchos tradicionais, onde a tortilla, a zorza e a ensaladilla rusa son só o principio dun percorrido gastronómico cheo de sabor local.
Cafetería La Pasarela non só destaca polos seus deliciosos pratos, senón tamén polo seu renovado ambiente.
Tras unha completa reforma, o local presenta un mobiliario contemporáneo en madeira que envolve o espazo de calidez e estilo. Os seus azulexos luminosos engaden un toque fresco e acolledor, mentres que o vistoso mural que preside o interior enche de cor e vida cada recuncho, creando a contorna perfecta para gozar de momentos inesquecibles.
Situada xunto ao parque de xogos da Pasarela, que se caracteriza pola tranquilidade de atoparse nun amplo espazo peonil, a nosa terraza é o lugar perfecto para que as familias se reunan e gocen ao aire libre.
Imaxina saborear un aperitivo ao mediodía ou á tarde mentres os máis pequenos xogan nunha contorna segura, ou gozar dunha reunión tranquila con amigos ao final da xornada. En Cafetería La Pasarela, cada momento é especial.
Non deixes pasar a oportunidade de ser un dos primeiros en gozar da nosa proposta. Esperámoste en Cafetería La Pasarela.
Ven e descobre o teu novo punto de encontro en Pontevedra!!!