Cae un camión por un terraplén en Caldas deixando un traballador ferido

Umia
06 de setembro 2024

Un traballador dunha canteira en Saiar, Caldas de Reis, resultou ferido este xoves tras sufrir un accidente laboral

112 Galicia 112 Galicia

Un traballador dunha canteira en Saiar, Caldas de Reis, resultou ferido este venres tras sufrir un accidente laboral.

O suceso produciuse cando o camión que conducía caeu por un terraplén nas instalacións da canteira.

O 112 Galicia recibiu o aviso do accidente a través das urxencias sanitarias.

Segundo a información inicial, o condutor atopábase fóra da cabina do vehículo, pero inconsciente.

Inmediatamente, o 112 Galicia mobilizou á Policía Local, á Garda Civil e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Caldas e de Cuntis para acudir ao lugar do sinistro.

Tras a chegada dos servizos de emerxencia, confirmouse que o traballador ferido sería trasladado ao hospital de referencia polo persoal sanitario para recibir atención médica.

As autoridades competentes investigarán as causas do accidente para determinar como se produciu a caída do camión polo terraplén na canteira de Saiar.