Cae o desemprego en Pontevedra en xuño e se sitúa en 7.491 persoas no municipio

Pontevedra
02 de xullo 2015

Por quinto mes consecutivo, redúcese o número de demandantes de emprego na cidade de Pontevedra. Segundo os datos que publicou este xoves a Consellería de Traballo e Benestar, 285 pontevedreses encontraron traballo durante o pasado mes de xuño. No total da provincia, o número de desempleados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego na provincia de Pontevedra baixou en xuño en 3.513 persoas

Un home traballando nunha pizzería Mónica Patxot

Por quinto mes consecutivo, redúcese o número de demandantes de emprego na cidade de Pontevedra. Segundo os datos que publicou este xoves a Consellería de Traballo e Benestar, 285 pontevedreses encontraron traballo durante o pasado mes de xuño. Con este novo descenso, 7.491 habitantes do municipio seguen sen encontrar unha ocupación laboral, un 3,58% menos que no mes anterior.

En canto á taxa internanual, Pontevedra conta cun 7,11% menos de veciños desempregados (573 persoas) que hai un ano. En xuño de 2014, eran 8.064 pontevedreses os que ocupaban as listas do paro no concello capitalino.

Como vén sendo habitual, xuño foi un bo mes para aqueles que buscan emprego. A inminente campaña estival propiciou novos contratos en toda a provincia, sendo máis acusado naqueles municipios de maior carácter turístico como O Grove, onde un de cada cinco desempregados encontrou traballo, ou Sanxenxo. En ningún concello da área de influencia de Pontevedra aumentou o paro con respecto ao mes anterior.

    Xuño 2015        Maio 2015     Variación mensual 
Pontevedra7.4917.776-285 (-3,58%)
Barro364384-20 (-5,21%)
Bueu9731.055-82 (-7,77%)
Caldas de Reis9751.057-82 (-7,76%)
Cambados1.3751.508-133 (-8,82%)
Campo Lameiro189199-10 (-5,03%)
Cotobade398424-26 (-6,13%)
Cuntis456489-33 (-6,75%)
O Grove8221.022-200 (-19,57%)
A Illa de Arousa352389-37 (-9,51%)
A Lama242246-4 (-1,63%)
Marín2.1332.194-61 (-2,78%)
Meaño456513-57 (-11,11%)
Meis468508-40 (-7,87%)
Moraña457485-28 (-5,77%)
Poio1.3851.481-96 (-6,48%)
Ponte Caldelas648676-28 (-4,14%)
Portas291292-1 (-0,34%)
Ribadumia431460-29 (-6,30%)
Sanxenxo1.2751.536-261 (-16,99%)
Vilaboa563594-31 (-5,21%)
Vilagarcía de Arousa4.3754.536-161 (-3,55%)
Vilanova de Arousa1.0611.171-110 (-9,39%)

 

DATOS PROVINCIAIS

Pola súa banda, o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego na provincia de Pontevedra baixou en xuño en 3.513 persoas. Trátase do quinto mes consecutivo de descensos.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 10.460 persoas, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no -10,33 %.

Con este descenso, a cifra total de desempregados pontevedreses sitúase en 90.838 persoas.

GALICIA

O número de parados rexistrados nas oficinas do antigo Inem baixou en 7.919 persoas en xuño en Galicia en relación con maio, ata 229.062, tras caer un 3,34%.

En taxa interanual, en xuño deste ano respecto ao mesmo mes de 2014, o desemprego descendeu na comunidade galega en 23.248 persoas, o que supón unha disminución do 9,21%.

No conxunto estatal reduciuse a cifra de parados en 94.727 persoas en relación co mes anterior e en 329.397 respecto de xuño do pasado exercicio (-7,40%), segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Arquivado en