'Cadeliños' rescata unha cadela ao bordo a morte por inanición en Portas

Umia
17 de abril 2021

'Abril' ten uns 7-8 meses e apenas chega aos 3,5 quilos. Ten unha anemia severa. De momento non quixo comer e recibe tratamento antibiótico porque ten feridas no costado, un ollo cunha grave infección e gran cantidade de parasitos e larvas por todo o corpo. Estaba a pasar moita dor

Abril, cadela rescatada en Portas Asociación Cadeliños

A asociación de rescate animal  Cadeliños rescatou o pasado mércores 14 de abril unha cadela que un voluntario atopou abandonada e  desnutrida nunha zona de monte de Portas. 

Segundo explica a asociación, a cadela, á que bautizaron Abril "como símbolo de esperanza e rexurdir da vida tras o inverno", estaba "tan débil que non podía nin manterse en pé" e, cando unha persoa de  Cadeliños acudiu a rescatala, "rendeuse e non opuxo resistencia". 

A asociación destaca que a rápida actuación e a implicación da persoa que a viu e alertou a Cadeliños salvaron a Abril "dunha morte soa e agónica".

Tamén resultou importante a solidariedade dunha clínica veterinaria, pois xa pechara cando se produciu o rescate, pero atendeu ao animal de urxencia para tentar salvarlle a vida.

A cadela ten uns 7-8 meses e debería pesar entre 10-12 quilos. Con todo, apenas chega aos 3,5 e ten unha anemia severa. Abril continúa ingresada, aínda que este sábado atópase "estable dentro da extrema gravidade". 

Recibe fluídos para mantela hidratada, dado que de momento non quixo comer e recibe tratamento antibiótico porque ten feridas supurantes no costado, un ollo cunha grave infección e gran cantidade de parasitos e larvas por todo o corpo.  Tamén está a recibir tratamento analxésico, xa que estaba a pasar moita dor.

Cadeliños atópase nunha situación económica "límite", de modo que agradece o apoio que lles permitiu atender a esta cadela e as doazóns ofrecidas pola cidadanía. 

En canto recupérese, Abril quedará en adopción e xa hai persoas que se ofreceron a actuar como casa de acollida ou como padriños e madriñas. .

Ademais, desde a asociación fan un chamamento á responsabilidade, conciencia e empatía cara aos animais.