Dúas novas cadeiras anfibias súmanse ao material que o Concello de Sanxenxo está a destinar á mellora das praias do municipio.
Estes dous novos elementos incorpóranse ás seis cadeiras anfibias que se atopaban dispoñibles nos areais de Panadeira, Baltar, Silgar, Canelas, Caneliñas e Major.
En materia da accesibilidade, Sanxenxo presenta case dous quilómetros de pasarelas en praias e corredores especiais de acceso á auga para persoas con mobilidade reducida. Tamén ofrece en tempada alta zonas de sombra en Silgar, Panadeira, Baltar, Caneliñas e Canelas.
Tamén se completou o panelado das torres de vixilancia de Foxos e Baltar. Estes paneis ofrecen imaxes da vila turística. Con esta intervención, o goberno local quere mellorar a estética e a confortabilidad porque actúan de cortavientos.
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) destinou unha axuda para a adquisición do novo material.
Segundo o goberno local, Sanxenxo inviste cada verán 1,2 millóns de euros nos servizos de praias con bandeira azul. A maior partida diríxese a salvamento e socorrismo, con máis de 670.000 euros. Pola súa banda, para os operarios de limpeza establécense 160.000 euros.
O goberno de Telmo Martín sinala que a aposta polas bandeiras azuis se referenda polos 17.000 usuarios de media que visitan a diario os 6.790 metros de praias con bandeira azul, o 16,33% da costa do municipio.
Cada praia con bandeira azul conta cun desfibrilador, balóns de osíxeno e unha mochila de emerxencias con todos os elementos sanitarios necesarios para un caso de accidente.