Bueu despídese do entroido enterrando o Paxaro de Mal Agoiro

Bueu
09 de marzo 2020

O desfile e posterior queima do Paxaro de Mal Agoiro levou a cabo este domingo 8 de marzo, unha semana despois de ter que suspenderse pola choiva

Enterro do Paxaro de Mal Agoiro en Bueu Concello de Bueu

O desfile e posterior enterro do Paxaro de Mal Agoiro puxo o fin este domingo ás celebracións de entroido en Bueu.

Unha semana despois de ter que suspenderse pola choiva, nesta ocasión a popular celebración puido desenvolverse con importante presenza de público ao longo do percorrido.

A comitiva partiu ás 17:00 horas desde a rúa Montero Ríos pasando por Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao culminando na praia de Banda do Río coa queima do paxaro.

Segundo informou o Concello de Bueu, os premios do desfile foron para:

  • Parejas 
    • 1º premio: Sergio Martínez
    • 2º premio: Rocieros de Marín
  • Agrupacións 3-15 componentes
    • 1er premio: Oficios sin beneficios
    • 2º premio: Os reboltosos de San Xulián
  • Agrupacións de máis de 15 componentes
    • 1º premio: Casa do Rural
    • 2º premio: Asociación Cultural Alfombras Bueu
    • 3º premio: Vimos de Beluso
  • Comparsas de Bueu
    • 1º premio: Tinta Femia
    • 2º premio: Os do Pinsel
    • 3º premio: As Faltriqueiras e Os Kantaclaro