Brincabois abre o servizo de identificación micolóxica a todos os afeccionados aos cogomelos

Pontevedra
16 de outubro 2021

Comezan as actividades outonais da Asociación Micolóxica Brincabois co servizo de identificación micolóxica aberto a todos os afeccionados aos cogomelos que se acerquen co fin de que os membros desta asociación lles aporten unha correcta identificación dos exemplares que recolleron

Fungo Os dedos do diaño (Clathrus archeri) PontevedraViva

Comezan as actividades outonais da Asociación Micolóxica Brincabois co servizo de identificación micolóxica aberto a todos os afeccionados aos cogomelos que se acerquen co fin de que os membros desta asociación lles aporten unha correcta identificación dos exemplares que recolleron. 

Todos os luns, ata o 20 de decembro, de 20:30 a 22 horas, no Bodegón Arca, na Rúa Álvarez Limeses, nº 9 de Pontevedra.

Os martes ata o 21 de decembro, de 20 a 21 horas, no Centro Social do Gorgullón.

E os mércores ata o 22 de decembro, de 20:30 a 22 horas, no bar La Reina del Raxo, na Avenida de Lugo, en Pontevedra.